Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de material eléctrico e de fontanería con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/3024 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de material eléctrico e de fontanería con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 4.074.935 ptas.= 24.490,85 euros, desagregado en 2 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 29 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña