Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xaneiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de volumes e rasantes da UA-32

das NN.SS en Arteixo, promovido por Juan María Abad Varela, en representación de Guillermo Dafonte Fernández e a sociedade Promocións Rúa Buenos Aires e segundo o proxecto redactado polo arquitecto José Miguel Vázquez García, que queda sometido a información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante ese prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 2/99.PED).

Arteixo, 29 de febreiro de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde