Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se cita. (Expediente 12/2000).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 12/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento de mobiliario da Facultade de Dereito e Empresariais en Ourense.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas.

c) División por lotes e número: 5.

d) Lugar de entrega: o que se indique no contrato.

e) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total dos lotes: 139.276.570 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 2% do importe de licitación.

Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo-Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 -edificio anexo ó rectorado- 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo - 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 de maio de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, nº 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte ó da data límite para a recepción de ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46 - 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: 30 de maio de 2000. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 4 de abril de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo