Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/43-2, 5382 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. Santalla (Escairón).

Situación: O Saviñao.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 85 metros de lonxitude. Liña de media tensión subterránea en conductor R.H.V. de 600 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo