Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. estrada Gullade.
Situación: Monforte de Lemos.
Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV en conductor LA-56 de 901 metros de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión a 380/220 V en conductor R.Z. de 470 metros de lonxitude.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 6 de marzo de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo