Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/35-2, 5375 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Friamonde.

Situación: Taboada.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV en conductor LA-56 de 348 metros de lonxitude. Centro de transformación de 100 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 2.515 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo