Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/32-2, 5367 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Parque Empresarial Morelle.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-110 de 701 metros de lonxitude. L.M.T. subterránea en conductor R.H.V. de 55 metros de lonxitude. C.T. de 1.260 kVA e relación 20.000/380-220 V. C.T. de 630 kVA e relación 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión aérea en conductor R.Z. de 2.015 metros de lonxitude. Rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 35 metros de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 1 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo