Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.055

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 29 de marzo de 2000 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 18 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 3 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Facenda, por Orde do 18 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 44, do 3 de marzo), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril; visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-lo funcionario que se cita no anexo desta orde para ocupa-lo posto que así mesmo se sinala.

Segundo.-O cesamento no actual destino efectuarase segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no arti

go 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio o demandante, ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome: López Cid, Antonio.

NRP: 3459833635 A2053.

Grupo: C.

Denominación do posto: xefe de Sección Xestión Económica. Habilitado.

Código do posto: EFC020000115770021.

Nivel: 25.

Complemento E.: 1.216.404.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.