Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.018

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de marzo de 2000 pola que se lle autoriza unha unidade de educación especial ó centro privado Santa María del Mar da Coruña.

Examinado o expediente presentado polo centro privado Santa María del Mar da Coruña, no que solicita autorización para unha unidade de educación especial.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4); Real decreto 334/1985, do 6 de marzo, de ordenación da educación especial (BOE do 16); Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26); Decreto 320/1996, do 26 de xullo (DOG do 6 de agosto), de ordenación da educación de alumnos e

alumnas con necesidades educativas especiais; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

RESOLVE:

Autorizarlle unha unidade de educación especial (psíquicos) ó centro privado que se relaciona no anexo desta orde, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do persoal que imparta docencia na unidade de educación especial que se autoriza.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Avda. da Pasaxe, 69.

Denominación: Santa María del Mar.

Titular: Compañía de Jesús.

Unidades que se autorizan: 1 de educación especial (psíquicos).

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 8 unidades.

Centro de educación primaria: 24 unidades.

Centro de educación secundaria:-16 unidades de educación secundaria obrigatoria.-8 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.-Educación especial: 1 unidade (psíquicos).