Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 71/2000, do 16 de marzo, polo que se modifica parcialmente o Decreto 195/1984, do 27 de decembro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de Galicia que se relacionan.

Mediante o Decreto 195/1984, do 27 de decembro (DOG número 25, do 5 de febreiro de 1985), determinouse, entre outros, o nome oficial do concello de Laracha.

O traballo de campo posterior e a documentación consultada pola Comisión de Toponimia para deter

mina-los nomes oficiais das parroquias e lugares do devandito concello achegaron información que aconsellan revisa-lo nome oficial que no seu día se determinou.

En consecuencia, tendo en conta o dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súa sesión do 1 de marzo de 2000, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o Decreto 195/1984, do 27 de decembro, polo que se determinan os nomes oficiais dos concellos de Galicia que se relacionan, no sentido seguinte:

Provincia da Coruña

Onde di: «Nome oficial: Laracha», debe dicir: «Nome oficial: A Laracha».

Disposición adicional

Do establecido no presente decreto daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública