Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 5.000

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

1.1. O obxecto do contrato de consultoría e asistencia é a elaboración do traballo titulado Redacción do Plan Xeral de Ordenación de Meira, coa documentación e contido que se definen na Lei 1/1997, do 24 de marzo, dos solo de Galicia, no Regulamento de planeamento, no prego de prescricións técnicas e no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

1.2. Ademais do propio traballo material de redacción do plan xeal, o contrato implica para o contratista a obriga de presta-los seguintes servicios:

Recompilación da información previa necesaria (cartográfica, fotográfica, documental, de campo, etc.)

Asistencia e apoio nos procesos de exposición pública do avance e de información ó público: informe das suxestións e alegacións presentadas neses trámites.

Asesoramento técnico ó concello nos procesos e trámites de elaboración do plan xeral (convenios con particulares ou organismos, cumprimento de informes, etc.).

Entrega ó concello, en cada fase de tramitación, das copias completas do traballo que sexan precisas co fin de recadar informes sectoriais, somete-la información ó público, etc. De non establecerse outra cousa no contrato, esta obriga limítase a 6 (seis) copias en cada unha das fases.

1.3. Tódolos documentos integrantes do plan redactaranse en idioma galego, sen prexuízo de que o concello solicite, ademais, unha traducción para o castelán.

b) Lugar de execución: termo municipal de Meira.

c) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total, 11.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación (220.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Meira (Lugo).

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: Meira, 27240.

d) Teléfono: 982 33 01 02.

e) Fax: 982 33 01 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no DOG, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da última publicación.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na base 12 do prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Meira (Lugo).

2ª Domicilio: praza do Concello s/n.

3ª Localidade e codigo postal: Meira, 27240.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde que finalice o prazo de presentación de proposicións.

9. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Meira, na praza do Concello s/n, ás dez horas do décimo día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás que coincida en sábado); neste caso trasladaríase así mesmo ó día seguinte hábil.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devengan.

Meira, 28 de marzo de 2000.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde