Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do concurso de referencia AS2000/5.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: AS2000/5.

2. Obxecto do contrato: servicio de mantemento e conservación das instalacións de iluminación pública no Paseo Marítimo (tramo comprendido entre San Antón e Labañou), polígono de Adormideras e polígono de los Rosales. Prazo de execución: dous anos, prorrogables antes da súa finalización por mutuo acordo do concello e contratista por dous anos máis ata un máximo de catro anos (incluíndo o período inicial e as súas prórrogas).

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 9.990.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: véxase punto 1.

b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Teléfono: 981 18 42 19.

e) Fax: 981 18 42 71.

f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura das proposicións económicas e documentación técnica.

a) Lugar: véxase punto 6.

b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo da licitación.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 29 de marzo de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde-delegado de Contratación