Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto de subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de equipamento de alta tecnoloxía con destino a varios hospitais da Comunidade Autónoma galega. (SCS.-21/2000). (13 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde -Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos) edificio administrativo San Caetano, bloque 2, andar 2º en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67. Fax 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: varios hospitais da Comunidade Autónoma galega.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: subministración de equipamento de alta tecnoloxía. (13 lotes).

Orzamento total: novecentos trinta e seis millóns oitocentas mil ptas., IVE incluído (936.800.000 ptas., IVE incluído), 5.630.281,39 euros.

Exercicio con cargo ó cal se tramita: corrente.

Lote nº 1: resonancia magnética, 350.000.000 de ptas.

Lote nº 2: telemando dixital, 162.500.000 ptas.

Lote nº 3: tac. espiral, 136.000.000 de ptas.

Lote nº 4: sala vascular dixital, 85.000.000 de ptas.

Lote nº 5: telemando dixital multifuncións, 60.000.000 de ptas.

Lote nº 6: sala de radiolóxica de electrofisioloxía, 40.000.000 de ptas.

Lote nº 7: sist. de arquivo e xestión de imax. radiol., 34.000.000 de ptas.

Lote nº 8: sala RC. suspensión teito, 23.000.000 de ptas.

Lote nº 9: mamógrafo, 9.000.000 de ptas.

Lote nº 10: radiocirúrxico, 9.000.000 de ptas.

Lote nº 11: ortopantomógrafo, 5.000.000 de ptas.

Lote nº 12: portátil de raios X, 3.300.000 ptas.

Lote nº 13: microscopio electrónico, 20.000.000 de ptas.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes das subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo un (1) mes desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 18 de abril de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 25 de abril de 2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Lote nº 1: 7.000.000 de ptas.

Lote nº 2: 3.250.000 ptas.

Lote nº 3: 2.720.000 ptas.

Lote nº 4: 1.700.000 ptas.

Lote nº 5: 1.200.000 ptas.

Lote nº 6: 800.000 ptas.

Lote nº 7: 680.000 ptas.

Lote nº 8: 460.000 ptas.

Lote nº 9: 180.000 ptas.

Lote nº 10: 180.000 ptas.

Lote nº 11: 100.000 ptas.

Lote nº 12: 66.000 ptas.

Lote nº 13: 400.000 ptas.

Licitando ós 13 lotes: 18.336.000 ptas., (110.201,58 euros).

Ver resumo do prego de prescricións técnicas (ver anexo III).

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-las agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego e no anexo II.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas resultado da análise do cadro comparativo deseño e ergonomía etc.: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: inclusión de melloras nosn esixidas nos pregos de prescricións técnicas, cumprimento ISO 9000, etc.: ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: admítese a presentación de variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio da información previa: 11 de xuño de 1999.

17. Data do envío do anuncio: 20 de marzo de 2000.

18. Data da recepción do anuncio: pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

Antonio Fernández-Campo García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos