Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador de caza 121/1997 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a dita resolución.

Contra a resolución que se notifica caberá, de conformidade cos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente: 121/1997 de Pontevedra.

Denunciado: Edelmiro Casalderrey Fernández.

Último enderezo coñecido: Zacande, 32, Meis (Pontevedra).

Contido da resolución que se notifica:

Data: 25 de xaneiro de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: cazar sen permiso no couto PO-10.107.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento e a prescrición da infracción, ordenando o arquivo de tódalas actuacións practicadas.