Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, do servicio de restauración e limpeza do campamento xuvenil Illa de Ons dependente desta delegación provincial.

A Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 10/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: restauración e limpeza do campamento xuvenil Illa de Ons.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: Bueu (Pontevedra).

d) Prazo de execución: desde o 1-7-2000 ata o 31-8-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.400 ptas./praza/día, co IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 12.075.000 ptas., co IVE incluído, en función dun máximo de 8.625 prazas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

1º Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

b) Localidade e código postal: 36203 Vigo.

c) Teléfono: 986 81 70 56.

d) Telefax: 986 81 70 43.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do/da contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 (vinteseis) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2ª Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

3ª Localidade e código postal: 36203 Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 81 70 43, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: r/ María Berdiales, 20 entreplanta.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas . No caso de que coincida en sábado ou festivo a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 11 h.

10. Otras información:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do/da adxudicatario/a do contrato.

Vigo, 16 de marzo de 2000.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra