Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/323-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. San Martiño das Varelas.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: reforma rede de baixa tensión a 380/220 V de 533 m de lonxitude en conductor R.Z. no lugar de San Martiño das Varelas. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos con

dicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 14 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña