Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/36-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. liña cero San Marcos-Urbanización Cordeda.

Situación: Oleiros-Cambre-Culleredo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al de 4.538 m de lonxitude, con orixe na subestación de San Marcos e que, discorrendo na súa maior parte por viais dos concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo e por estradas da COTOPV e deputación da Coruña e marxe da ría do Burgo finaliza no C.T. urbanización Cordeda nº 2, en construcción, no concello de Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña