Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.969

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (798/1999).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, dou fe e certifico que nos autos seguidos neste xulgado baixo o número 798/1999 por instancia de María Dolores Sardá Pena, contra a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, recaeron resolucións que literalmente din:

«Providencia maxistrado-xuiz, Ramírez Sineiro. A Coruña, 29 de novembro de 1999.

Pola que S.Sª, á vista destas acutacions, acorda a pulbicación da providencia con data do 12 de xullo de 1999 no BOP da Coruña co fin da súa notificacion en legal forma á recorrente María Dolores Sardá Pena, enviándolle para tal efecto oficio ó administrador para que dispoña a súa publicación.

Mándoo e asínoo S.Sª, do que, como titular da súa secretaría dou fe.

Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro. A Coruña 12 de xullo de 1999.

Pola que S.Sª, tendo en conta o contido dos autos número 798/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, e antes de admiti-la demanda a trámite, de conformidade co esta

blecido no artigo 45.3º da Lei número 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda requiri-la parte actora, mediante notificación da presente providencia, co fin de que no improrrogable prazo de dez (10) días compareza en autos en legal forma, con asistencia letrada en todo caso co poder para o efecto ou outorgamento deste apud acta ante este xulgado, segundo o disposto no artigo 23.1º da citada norma legal, coa expresa advertencia de arquivo das actuacións de non verificalo.

Mándao e asínao S.Sª do que como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que conste, e sirva de notificación á recorrente María Dolores Sardá Pena, expido e asino esta cédula na Coruña o 22 de marzo de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña