Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADUMIA

EDICTO.

O Pleno deste concello, na súa sesión extraordinaria do día 22 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente o plan xeral de ordenación municipal, que de conformidade co disposto no artigo 42.1º de Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, se somete a información pública polo prazo dun mes, computándose o dito período desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que as persoas interesadas poidan examina-lo seu contido nas oficinas xerais, e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ribadumia, 24 de marzo de 2000.

José Ramón Barral Martínez

Alcalde