Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.908

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión celebrada o 25 de novembro de 1999, aprobou definitivamente a delimitación da unidade urbanística 2/1999 nas parcelas propiedade de Juan Antonio Gómez Eirín e a súa dona Manuela Gómez Díaz, situadas na r/ Bolivia esquina r/ Méjico, cualificadas no plan xeral como edificable en 494 m, e como zona dotacional en 750 m, no ámbito da UR-20, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo o teor do acordo o seguinte:

«O Concello Pleno en sesión celebrada o 26 de agosto de 1999 aprobou inicialmente a delimitación da unidade urbanística 2/1999 nas parcelas propiedade de Juan Antonio Gómez Eirín e a súa dona Manuela Gómez Díaz, situadas na r/ Bolivia esquina r/ Méjico, cualificadas no plan xeral como edificable en 494 m, e como zona dotacional en 750 m, no ámbito da UR-20. No Diario Oficial de Galicia do 29 de setembro en El Ideal Gallego do 11 de setembro de 1999, publicouse o anuncio de aprobación inicial, someténdose a información pública polo prazo de vinte días. Cumpridos os trámites de informaciónpública e non presentada reclamación ningunha, segundo consta no certificado do rexistro xeral, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras, en sesión celebrada o 28 de outubro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade, acordou propoñerlle ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo: aprobar definitivamente a delimitación da unidade urbanística 2/1999 no ensanche,

comprendendo as parcelas de Juan Antonio Gómez Eirín e da súa dona Manuela Gómez Díaz que compoñen as dúas zonas da unidade: zona 1, parcelas 1 e 2 con 494 m edificables, cos seguintes lindeiros: parcela 1: cunha superficie de 310 m, linda norte zona dotacional (AG12) que se cede; sur, r/ Bolivia, este parcela catastral 35666-50 e oeste r/ Méjico. Parcela 2: cunha superficie de 184 m edificables, linda: norte, r/ Bolivia; este, parcela catastral 35666-08; sur, parcela catastral 35666-09, e oeste r/ Méjico. Zona 2, parcelas A e B cunha superficie total de 750 m destinadas a zona dotacional e zona verde coa seguinte descrición: parcela A zona dotacional (AG12) cunha superficie de 592 m, linda norte, parcela catastral 35666-52; este, parcela catastral 35666-50; sur, resto da propiedade

da que se segrega, soar edificable propiedade de Juan Gómez Eirín, e oeste, r/ Méjico. Parcela B: zona verde de sistema local (V-55) cunha superficie de 158 m, que linda: norte, resto da parcela da que se segrega, soar edificable propiedade de Juan Gómez Eirín; sur, resto de zona verde V-55; este, parcela catastral 35666-08 e oeste, r/ Méjico. Os terreos comprendidos na unidade, teñen a clasificación de solo urbano».

O que se fai público para xeral coñecemento, poderá interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 11 de xaneiro de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde