Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se nomea persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría de programador.

De conformidade co disposto nas bases 7.3 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC de programadores convocada por Resolución do 27 de xullo de 1999, e visto o cumprimento dos requisitos esixidos na dita convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Nomear persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría de programador, grupo III, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución, ordenados de acordo coa puntuación obtida, destinándoos ós postos de traballo elixidos polos interesados, con carácter definitivo.

Segundo.-As persoas a que se refire o anexo deberán tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Persoal laboral fixo do CIXTEC, categoría de programadores

Promoción interna

Nome e apelidosDNIPuntosGrupoCategoríaDenominaciónLocalidade

Mato Nieto, José Ramón33.243.54932.60III30ProgramadorSantiago de Compostela

Quintas Rodríguez, Marco A.34.969.96729.40III30ProgramadorSantiago de Compostela

Acceso libre

Nome e apelidosDNIPuntosGrupoCategoríaDenominaciónLocalidade

Ruiz González, Mª José32.756.29834.70III30ProgramadorSantiago de Compostela

Vilar López, José33.312.16432.10III30ProgramadorSantiago de Compostela

Rábano Chimeno, Fco. Javier34.943.21231.90III30ProgramadorSantiago de Compostela