Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.892

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de marzo de 2000.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión con data do 23 de marzo de 2000, declara-lo proxecto L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo, promovido pola empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto L.A.T. a 220 kV Mesón-Vimianzo, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da

Xunta de Galicia con data do 23 de marzo de 2000, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examina-lo proxecto sectorial na Dirección Xeral de Industria e na Delegación Provincial da Coruña, e presentar ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria