Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 07 de abril de 2000 Páx. 4.873

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a José Manuel García Fernández.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso de méritos convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 98/028, de profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, desta universidade, a favor de José Manuel García Fernández, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Manuel García Fernández profesor titular de universidade da área de coñecemento de ciencias e técnicas da navegación, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, desta universidade.

A Coruña, 21 de marzo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña