Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da subministración e entrega de vintesete (27) vehículos todo terreo para o transporte de cuadrillas.

1. Orzamento máximo: 111.780.000 pesetas (671.811,33 euros), IVE incluído.

2. Prazo de execución do contrato: tres (3) meses.

3. Fianza provisional: 2.235.600 pesetas (13.436,23 euros).

4. Fianza definitiva: 4.471.200 pesetas (26.872,45 euros).

5. Clasificación esixida: non se esixe.

6. Forma de tramitación: ordinaria.

7. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa Os Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 24 de maio de 2000, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

8. Documentación que deberán presenta-los licitadores:

8.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1 do prego de cláusulas administrativas.

8.2. No sobre da proposición económica, a establecida no punto 7.2 do referido prego.

8.3. No sobre de requisitos técnicos, a establecida no punto 7.3 do prego referenciado.

9. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería

da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 6 de xuño de 2000.

10. Obtención da documentación:

10.1. Consellería de Medio Ambiente.

10.2. Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 17 49.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente