En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Comerciales Veterinarias Gallegas Reunidas (Covegar) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os empresarios que teñan o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia e se dediquen á distribución e comercialización de productos zoosanitarios e fitosanitarios.
Asinan a acta de constitución: José Luis Vila Coego e seis persoas máis.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais