Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de marzo de 2000 pola que se declaran extinguidos o permiso de actividade e a concesión dunha estación depuradora sita en Punta Castelete, Vilaxoán (Pontevedra), outorgada a Miguel Piñeiro Acosta.

Visto o expediente iniciado a Miguel Piñeiro Acosta con DNI 35.379.968 B, na súa condición de titular da estación depuradora sita en Punta Castelete, Vilaxoán (Pontevedra),

Resultando que:

-Con data do 30-12-1998 a Delegación Territorial da Consellería en Vigo acordou a incoación do expediente de caducidade á citada concesión polas causas 56.3 e 72 a) «cesamento da actividade de cultivo por un período superior ós dous anos, agás causa xustificada» e «incumprimento das normas da concesión», recollidas na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-O citado acordo de incoación de expediente de caducidade e o nomeamento do instructor foille remitido ó interesado con data 8-1-1999.

-A proposta de resolución do expediente de caducidade foille remitida ó interesado o 3-2-1999, para que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.

Considerando que:

-Segundo informa o propio interesado en escrito do 19-10-1998, desde o 23 de novembro de 1996, o establecemento non se atopa en explotación.

-As alegacións formuladas non desvirtúan a causa de caducidade recollida nos artigos 56.3 e 72 a) da citada Lei 6/1993.

-As instalacións están fóra de uso e non son operativas segundo informe da visita efectuada ás instalacións por un técnico da delegación territorial de Vilagarcía.

-Se incumpriron as normas que regulan o título da concesión.

-O expediente foi tramitado conforme a dereito e conta co informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

Vistas:

-Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

-Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas.

-Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

-Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

-Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, no exercicio das súas atribucións e competencias,

RESOLVE:

Extingui-lo permiso de actividade e concesión administrativa que a continuación se relaciona, outorgada a Miguel Piñeiro Acosta con DNI 35.379.968 B:

Tipo de establecemento: estación depuradora.

Especies autorizadas: moluscos.

Localización: Punta Castelete, Vilaxoán (Pontevedra).

Superficie dominio público: 46 m para a toma de auga de mar.

Superficie dominio privado: 2.940 m.

Data de concesión: O.M. do 27-8-1970 (BOE nº 229, do 24 de setembro).

Remate da vixencia: 24-9-1990.

As causas polas que se resolve a caducidade do establecemento veñen recollidas nos artigos 56.3 e 72 a) e) da referida Lei 6/1993, e son as seguintes:

1) Atoparse a estación depuradora sen explotación, incorrendo en causa de caducidade, por cesamento da actividade por un período superior os dous anos.

2) Incumprimento das normas que regulan o título administrativo habilitante.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa, ámbolos prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22))

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura