Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2000 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Euromar, sita na rúa Juan Flórez, 129, na Coruña.

Visto o expediente instruído por instancia de Jaime Bauzá García, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Viajes Euromar, S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, na rúa Juan Flórez, 129, na Coruña, da axencia de viaxes Viajes Euromar, S.A., do grupo maiorista co código identificativo BAL-003 M/D, que ten a súa casa central en Palma de Mallorca, na rúa Juan de Cremona, 5-1º.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude entregou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que, na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Euromar, sita en Palma de Mallorca, na rúa Juan de Cremona, 5-1º, da que é titular a entidade mercantil Viajes Euromar, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Juan Flórez, 129, na Coruña, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación de presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos

e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo