Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2000, aprobou definitivamente o estudio para fixación das alturas en Fonte Díaz, promovido polo concello, conforme o establecido no artigo 60 da Lei do solo de Galicia.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fín á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto de que se interpoña recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. No suposto de rexeitamento presunto do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Touro, 24 de marzo de 2000.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde