Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por resolución da Alcaldía do 30 de marzo de 2000, aprobouse inicialmente o estudio de detalle sito na travesía de Linares Rivas, vía nº 5 do proxecto de urbanización das Brañas, redactado polos arquitectos Francisco Javier Estévez Cimadevila e José A. Vázquez Rodríguez.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente poidan formularse as alegacións que se xulguen oportunas, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Sada, 30 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado