Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PPA 7/1999).

A Comisión de Goberno, na sesión celebrada o 17 de xaneiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Modifica-lo ámbito do sector S-7, delimitado polo plan xeral, excluíndo do ámbito do solo cualificado como sisitema xeral ferroviario, deixando incluída a zona de afección ferroviaria.

2. Aproba-la delimitación de dous polígonos para a execución do plan parcial: un situado ó oeste do Coliseo, cun sistema de xestión por ocupación directa, e outro que engloba o resto do ámbito, cun sistema de actuación por compensación.

3. Aprobar inicialmente o Plan Parcial do Sector S-7, Someso, recinto ferial, presentado por Antonio Fontela Ramil, en representación da Comisión Xestora do Sector S-7.

4. Ó documento de aprobación definitiva deberá incorporarse como anexo dunha ordenanza de estética que permita un tratamento coherente das distintas zonas nas que se propón o desenvolvemento.

5. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións oportunas durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres, na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, sito na Avenida da Marina, 18.

A Coruña, 21 de marzo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo