Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación, por concurso polo sistema aberto e trámite de urxencia, dos servicios técnicos para a distribución da Guía do consumidor de peixe fresco nos mercados das cidades galegas.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios técnicos.

Descrición do obxecto: prestación de servicios técnicos para a realización da distribución da Guía do consumidor de peixe fresco nos mercados das cidades galegas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol. A distribución farase, segundo consta no prego de prescricións técnicas, por lotes e da seguinte forma:

Lote 1.-Publicidade nos xornais e na radio (6.800.000 ptas.).

Lote 2.-Distribución (1.200.000 ptas.).

Lote 3.-Creatividade e impresión (2.000.000 de ptas.).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sesenta mil cento un con vinteún euros (60.101,21 A), dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: o prazo será de seis meses e nas datas que constan no prego de prescricións técnicas. A licitación farase por lotes segundo consta no cadro resumo do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe do lote de licitación.

Definitiva: 4% do importe do lote de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Extensión Pesqueira. Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños-Santiago de Compostela. 15771 (A Coruña), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nas delegacións territoriais e comarcais desta consellería.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación das proposicións finaliza ós 13 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación das ofertas: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Se coincide domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Apertura das ofertas e exposición das proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día natural, a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións. Se coincide sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos do anuncio.

O pagamento da publicidade do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario do contrato ou adxudicatarios dos distintos lotes.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación