Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: R.B.T. C.T. Comandante Fontanes.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de baixa tensión, a 380/220 V, baixo tubo e con conductor R.V. 0,6/1 kV de 4(1x240) mm Al, de 235 m de lonxitude, con orixe no C.T. Comandante Fontanes e discorrendo pola rúa do mesmo nome. A Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 1 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña