Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (301/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 4 de febreiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Concello Pleno acordou, por dezanove votos a favor e seis abstencións, aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense na zona 5 do SU-46, a pedimento de Francisco Fernández de Prado e outra, cos condicionamentos impostos nos informes preceptivos e vinculantes da CPTOPV e a Confederación Hidrográfica do Norte de España».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ourense, 25 de febreiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente