Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.668

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 401/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Orangismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nª do expediente: 401/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: refrixeración en despachos na E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicacións.

b) Lugar de execución: Vigo.

c) Prazo de execución: 25 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso publico.

4. Orzamento base de licitación: importe total 16.781.956 pesetas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

b) Enderezo: r/ Areal, 46, anexo 3ª andar.

c) Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Teléfono: 986 81 35 56.

e) Telefax: 986 81 38 57.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remater ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible ó contratista: non se esixe clasificación.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46 edificio anexo, planta baixa.

Localidade e código postal: Vigo 36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: r/ Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo 36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 27 de marzo de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo