Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración de dous vehículos do grupo B e grupo D-1, con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de dous vehículos do grupo B e grupo D-1 con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: un.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.) (39.066 euros); 6.340.000 ptas. en metálico (38.104 euros) y 160.000 ptas. (962 euros) do programa PREVER.

5. Garantías.

Provisional: cento trinta mil pesetas (130.000 ptas.) (781 euros).

Definitiva: duascentas sesenta mil pesetas (260.000 ptas.) (1.563 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral. Servicio de Contratación e Xestión Orzamentaria. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 38.

e) Telefax: 981 54 57 62.

f) Data límite de obtención de documentos e información:ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 3 de maio de 2000.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 12 de maio de 2000.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243 do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria