Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.630

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000 pola que se declara concluído o procedemento e deserta a praza do corpo de catedráticos de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica 3/1999.

Convocada a concurso por resolución da Universidade de Vigo, do 9 de marzo de 1999 (BOE do

2 de abril), unha praza do corpo de catedráticos de universidade da área de coñecemento de enxeñería mecánica.

Tendo en conta a proposta elevada pola comisión, prevista no artigo 11 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro).

Este rectorado resolveu declara-la non provisióin da praza referenciada do corpo de catedráticos de universidade e concluí-lo procedemento selectivo.

Vigo, 14 de marzo de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo