Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.566

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 6 de marzo de 2000 pola que se fai público o nomeamento dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano.

O Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, de autorización de laboratorios para a realización de determinados ensaios de control de productos alimenticios relacionados co consumo humano establece, no seu artigo 1.1º, a creación da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano. A súa composición e funcións regúlanse nos artigos 4 e 5, respectivamente.

Na disposición transitoria establécese que a Comisión Galega de Autorización de Laboratorios de Ensaio de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano deberá constituírse no prazo dun mes contado a partir da publicación deste decreto.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Faise público o nomeamento dos membros da Comisión Galega de Laboratorios de Ensaios e Control de Productos Alimenticios Relacionados co Consumo Humano, como órgano autonómico creado polo Decreto 14/2000, do 7 de xaneiro, que son as persoas que se relacionan a continuación:

Como vocais:

1. Pola Consellería de Industria e Comercio a Mª Jesús Muñoz Chesa, directora xerente do Instituto Galego de Consumo.

2. Pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria a David Fernández García, director do Laboratorio de Sanidade e Producción Animal de Lugo.

3. Pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais a José Luis Aboal Viñas, subdirector xeral de Información e Xestión de Saúde Pública.

4. Pola Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a Magdalena Bermúdez de la Puente Gon

zález del Valle, responsable de calidade do Centro de Control da Calidade do Medio Mariño.

Como secretario a José Ángel Viñuela Rodríguez, xefe do Servicio de Inspección e Laboratorios de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Conforme o disposto no punto 2º do artigo 4 será nomeada:

Como presidenta: Mª Jesús Muñoz Chesa, directora xerente do Instituto Galego de Consumo.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais