Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo 03.26 Esparramáns (Bembrive) (expediente 4574/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 14 de febreiro de 2000, acordou aprobar definiti

vamente o Plan especial de mellora do núcleo 03.26 Esparramáns, na parroquia de Bembrive, plan de iniciativa municipal redactado polos arquitectos Víctor Manuel González Magdalena, Francisco José Martínez Paz e Xosé Ramón Garrido Davila, así como do seu catálogo complementario de elementos que se deben protexer, conforme a documentación da súa aprobación inicial (expediente 4574/411).

O que se publica para o xeral coñecemento e de conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, significando que a normativa e ordenanzas de aplicación serán publicada no BOP.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, dos que se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese practicar.

Vigo, 6 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo