Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Sasdónigas (Mondoñedo, Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Sasdónigas (Mondoñedo, Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 2212/1967, do 19 de agosto (BOE nº 223, do 18 de setembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 2-3-2000, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Mondoñedo e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que deter

mina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como a determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estructuras Rurais (Ronda da Muralla 70), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 6 de marzo de 2000.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras Rurais de Lugo

Visto e prace

José R. Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo