Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de consultoría e asistencia para a promoción e implantación dunha terminal de regasificación de gas natural licuado en Galicia.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 3/00 DXI.

Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a asistencia para a promoción e implantación dunha terminal de regasificación de gas natural licuado en Galicia.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e rematará o 30 de decembro de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.000.000 de pesetas (66.111,331482 euros), IVE incluído.

Garantías.

Provisional: 220.000 ptas.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e codigo postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP)

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económico-financeira por algún dos seguintes medios: a) un informe de institucións financeiras ou b) declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios, traballos e asistencias realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios análogos ós que se describen no prego de prescricións técnicas, de acordo co artigo 16.1º a) e c) da LCAP. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase por algún dos seguintes medios: a) as titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, ou b) unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, de conformidade co artigo 19.a) e b) da mesma lei.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 3-10-1999, DOG 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio