Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.524

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se convoca o concurso de traslados das prazas vacantes de secretarías de xulgados de paz entre secretarios de paz a extinguir de localidades de máis de 7.000 habitantes e oficiais da Administración de xustiza.

Vacantes na Administración de xustiza postos de traballo do corpo a extinguir de secretarios de xulgados de paz de poboacións de máis de 7.000 habitantes, dotados orzamentariamente e dos que a provisión se estima conveniente en atención ás necesidades do servicio, procede convocar concurso de traslados de conformidade co establecido nos artigos 455, 481 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, o Regulamento orgánico de secretarios da xustiza municipal aprobado por Decreto do 12 de xuño de 1970 e o capítulo III do título IV do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro.

Por todo iso, o Ministerio de Xustiza, coordinadamente coa Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñen convocar concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I segundo as seguintes bases:

Primeira.-Postos que se poden solicitar.

1. Poderán tomar parte no presente concurso e solicita-las vacantes de postos de traballo de secretarías de xulgados de paz da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes ó corpo a extinguir de secretarios de xulgados de paz e os oficiais da Administración de xustiza, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos que non remataran o período de suspensión, tendo os funcionarios do corpo de secretarios de paz preferencia sobre dos integrantes do corpo de oficiais da Administración de xustiza para prazas de localidades de máis de 7.000 habitantes.

2. A adxudicación das prazas de secretarías de xulgados de paz a oficiais da Administración de xustiza non suporá en ningún caso ascenso nin cambio de corpo ou categoría dos adxudicatarios.

3. Os participantes poderán solicita-las prazas vacantes incluídas no anexo I desta resolución de convocatoria, sempre que reúnan os requisitos xerais esixidos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. As ditas vacantes identificaranse polo código do centro de destino, relación

de postos de traballo e número de orde do posto de traballo.

Segunda.-Requisitos e condicións de participación.

1. Os funcionarios do corpo a extinguir de secretarios de xulgados de paz de máis de 7.000 habitantes e os do corpo de oficiais da Administración de xustiza, só poderán participar se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un ano desde a toma de posesión no seu actual posto de traballo definitivo (artigo 57 c) do Real decreto 249/1996).

2. Os funcionarios en servicio activo con destino provisional nos órganos que se oferten estarán obrigados a participar no presente concurso.

No caso de que non obtiveran destino no concurso, atribuiráselle-lo desempeño provisonal dun posto correspondente ó seu corpo.

3. Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 34 b) e c) do Real decreto 249/1996 (excedencias por agrupación familiar e por interese particular), só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreran dous anos como mínimo desde que foran declarados nesa situación.

4. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de fillos ó abeiro do disposto no artigo 35 do Real decreto 249/1996 só poderán concursar se transcorreu un ano desde a toma de posesión do derradeiro destino definitivo.

5. Os excedentes forzosos terán a obriga de participar no presente concurso co obxecto de obter un posto de traballo definitivo. De non participar neste concurso ou non obter posto de traballo, serán destinados a calquera dos non adxudicados ós outros concursantes.

Os excedentes forzosos, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo e os excedentes voluntarios do artigo 34 a) do regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, terán, por esta orde, a primeira vez que se anuncie a concurso vacante do corpo na mesma localidade onde servían cando se produciu ó seu cesamento no servicio activo, dereito preferente para ocupala.

Terceira.-Baremos.

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo con dous baremos, segundo que a praza corresponda a xulgados con poboación superior ós 7.000 habitantes ou non.

1. Para prazas de secretarías de paz de máis de 7.000 habitantes.

1.1. Funcionarios do corpo a extinguir de secretarios de paz de máis de 7.000 habitantes, terán preferencias sobre os oficiais da Administración de xustiza, valorándose entre eles a antigüidade polos servicios efectivos prestados no corpo, outorgándose un punto por cada ano completo de servicios e computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

1.2. Os funcionarios do corpo de oficiais da Administración de xustiza optarán a estas prazas con posterioridade ós secretarios de paz mencionados no punto anterior. Entre os oficiais teranse en conta as seguintes preferencias:

1º Oficiais que estiveran en posesión do título de licenciado en dereito.

2º Oficiais titulares dunha secretaría de paz.

3º Demais oficiais.

Dentro de cada un dos tres grupos relacionados, a valoración de méritos levarase a cabo de acordo co baremo establecido para as prazas de secretarías de paz de menos de 7.000 habitantes.

2. Para prazas de secretarías de paz de menos de 7.000 habitantes.

Só poderán optar a estas prazas os funcionarios do corpo de oficiais da Administración de xustiza, téndose en conta as seguintes preferencias:

1º Oficiais que estiveran en posesión do título de licenciado en dereito.

2º Oficiais titulares dunha secretaría de paz.

3º Demais oficiais.

Dentro de cada unha das preferencias citadas, a valoración de méritos da antigüidade e o coñecemento da lingua oficial da Comunidade Autónoma farase na forma seguinte:

a) Antigüidade.

Polos servicios efectivos no corpo outorgarase un punto por cada ano completo de servicios, e computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,0027777 por día, establecéndose os meses como de 30 días).

b) Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da Comunidade Autónoma.

Nas prazas situadas nas comunidades autónomas que teñan lingua oficial propia, como é o caso, o coñecemento oral e escrito desta debidamente acreditado por medio de certificación oficial da Comunidade Autónoma, ou homologación do título presentado e do nivel ó que corresponda o título, supón o recoñecemento para estes efectos de ata 6 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado nos termos da disposición adicional segunda do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, na forma seguinte:

1. Curso de iniciación e perfeccionamento ou curso básico de linguaxe xurídica galega: dous puntos.

2. Curso medio de linguaxe xurídica galega: catro puntos.

3. Curso superior de linguaxe xurídica galega: seis puntos.

Cuarta.-Modelos e prazos de presentación de solicitudes.

1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos das relacións de postos de traballo do corpo a extinguir de secretarios de paz e do corpo de oficiais da Administración de xustiza correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servicios especiais e excedentes por coidado de fillo que teñen reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude axustada ó modelo V-I publicado como anexo II da presente resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

Os funcionarios destinados en xulgados ou tribunais do ámbito territorial de xestión do Ministerio de Xustiza ou doutras comunidades autónomas con competencias, presentarán a súa solicitude con independencia de onde estean radicadas as prazas que se soliciten, ante o departamento de xustiza do seu actual destino.

2. Os funcionarios destinados en postos das relacións de postos de traballo doutros corpos da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen en excedencia do artigo 34 letra a) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, nos corpos de oficiais, auxiliares e axentes que fagan constar

como primeiro destino calquera dos convocados mediante a presente resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-2 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

3. Os restantes solicitantes que desexen participar no presente concurso, como os excedentes forzosos aínda que tivesen un destino provisorio, os suspensos definitivos que perderan o seu posto de traballo, os participantes con destino provisional por ter reingresado no servicio activo, así como os restantes excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular, que fagan constar como primeiro destino calquera dos convocados mediante a presente resolución, radicados en Galicia, utilizarán o modelo V-3 publicado como anexo II a esta resolución no prazo de 10 días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ou contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE, no caso de que a publicación non se faga simultaneamente no BOE e no Diario Oficial de Galicia, dirixida ó director xeral de Xustiza e Administración Local da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, edificio

administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela.

4. As solicitudes poderán remitirse tamén na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As que se presenten nas oficinas de correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, neste caso deberá ter entrada no rexistro xeral do Ministerio de Xustiza, xerencias territoriais ou rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Comunidade Autónoma de Galicia (edificio administrativo San Caetano s/n, 15771 Santiago de Compostela), para os funcionarios destinados nos xulgados e tribunais de galicia, en todo caso antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado; neste suposto presentaranse nas oficinas de correos en sobre aberto para ser datadas e seladas polo funcionario de correos antes de seren remitidas. Os participantes no con

curso deberán envia-la instancia que teña o selo da oficina de correos, sen que poida admitirse pasado o prazo de presentación de instancias aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puidera acreditar tal extremo.

5. Os excedentes voluntarios por interese particular engadirán á súa solicitude declaración de non ter sido separado de calquera das administracións públicas.

6. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante. Do mesmo modo mediante unha única instancia deberán optar por participar desde o corpo no que o funcionario se atope en activo, ou reingresar ó servicio activo no corpo do que formen parte como excedentes.

Ó resultar irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de obter destino, o reingresado ó servicio mediante concurso de traslado quedará automaticamente en excedencia no corpo no que se atopase en activo.

7. A solicitude formulada será vinculante para o peticionario unha vez transcorrido o período de presentación de instancias.

8. No caso de discrepancia entre a transcrición do código informático dun posto concreto e o seu literal, quedaría anulada a petición do dito posto.

Quinta.-Peticións condicionadas.

No caso de estar interesados nas vacantes que se anuncian para unha mesma provincia dous funcionarios pertencentes ó corpo de oficiais, poderán condiciona-la súa petición ó feito de que ámbolos dous obteñan destino na mesma provincia, entendéndose no caso contrario anuladas as peticións condicionadas efectuadas por ámbolos dous. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicional deberán concretalo na súa instancia e engadir fotocopia da petición do outro funcionario.

No caso de que non se engadira a fotocopia da instancia do segundo concursante, entenderase anulada a petición condicionada efectuada por ámbolos dous.

Os funcionarios que se acollan a esta base deberán agrupa-los postos que condicionan nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, poñendo o resto dos non condicionados a continuación.

Sexta.-Adxudicacións.

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos da base terceira.

2. No caso de empate na puntuación total, acudirase para dirimilo á orde de escala do funcionario.

Sétima.-Carácter dos destinos adxudicados.

1. Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo, sobre indemnizacións por razóns de servicio.

2. Os destinos adxudicados serán irrenunciables.

Oitava.-Resolución e prazo posesorio.

1. A presente convocatoria resolverase por resolución provisional do director xeral de Xustiza e Administración Local da Xunta de Galicia, de xeito que se publique simultaneamente nos taboleiros de anuncios do Ministerio de Xustiza, da Xerencia Territorial de Xustiza da Comunidade Autónoma, así como dos Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais.

2. As resolucións provisionais expresarán o posto de orixe dos funcionarios ós que se lles adxudique destino e a súa localidade, así como a súa situación administrativa, se esta é distinta á de activo e o posto adxudicado a cada funcionario con referencia ó centro de traballo e localidade.

3. Contra as resolucións provisionais polas que se resolvan os concursos de traslado cabe formular alegacións no prazo de dez días desde a súa publicación nos taboleiros de anuncios referidos, perante a autoridade a quen se dirixiu a petición de participación no presente concurso, utilizando para iso o modelo que se xunta á presente resolución como anexo III. Resoltas estas, por outra resolución o concurso de traslado obterá firmeza.

Aquelas alegacións que non foran resoltas expresamente, consideraranse desestimadas ante a publicación da resolución definitiva do concurso.

4. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido estará dentro do establecido no artigo 55 do Regulamento orgánico aprobado por Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, pero cando teña lugar dentro da mesma poboación deberá efectuarse nos oito días naturais seguintes ó cesamento.

5. O prazo para a toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento.

6. Se a resolución comporta reingreso no servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá comezar a contar desde a dita publicación.

7. Se non se lograra a simultaneidade da publicación da resolución cos boletíns oficiais das comu

nidades autónomas, os prazos computaranse desde o día seguinte ó da publicación no BOE.

8. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que estean desfrutando os funcionarios, non sendo que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu desfrute.

Novena.-Recursos.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co establecido nos artigos 14.2º e 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora de la xurisdicción contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante este órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no BOE, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO I

Comunidade

Autónoma de Galicia

CódigoRTPNº ordeIdioma

Xulgado de Paz da Baña*

(A Coruña)

9252900015070352Si

Xulgado de Paz de Narón

(A Coruña)

9252900015530354Si

Xulgado de Paz de Oleiros

(A Coruña)

9252900015570354Si

Xulgado de Paz de Zas*

(A Coruña)

9252900015920352Si

Xulgado de Paz de Guitiriz*

(Lugo)

9252900027220352Si

Xulgado de Paz da Guarda

(Pontevedra)

9252900036230353Si

Xulgado de Paz de Gondomar

(Pontevedra)

9252900036210353Si

(*) Xulgados de Paz de 7.000 habitantes.