Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.491

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución das obras de tratamentos silvícolas en 81,7 ha no monte Mariñas, Outeiro e outros pertencentes ó concello de Oia (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: tratamentos silvícolas en 81,7 ha no monte Mariñas, Outeiro e outros pertencentes ó concello de Oia (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: sete (7) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteoito millóns setenta mil oitocentas oitenta e unha (28.070.881) pesetas (168.709,39 euros) IVE incluído.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata: un millón cento vintedúas mil oitocentas trinta e cinco (1.122.835) pesetas (6.748,37 euros).

7. Obtención da documentación.

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información.

8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista.

9.1. Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de cuberta vexetal e tratamentos silvícolas no concello da Veiga; monte Mariñas, Outeiro e outros pertencentes ó concello de Oia; monte As Nubiñas e outros nos concellos de Laza e Montederramo; montes Pena e Confurco de Fruíme pertencentes ós concellos de Rianxo e Lousame; monte Costa Galleiro e outros pertencentes ó concello de Pazos de Borbén; tratamentos silvícolas nos termos municipais de Baralla, Sarria, Láncara, Bóveda, Pantón, O Saviñao, e monte A Pica e outros pertencentes ós concellos de Laza e Castrelo do Val, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras ás que se presenten proposicións, e no seu interior a acreditación da clasificación esixida para cada unha delas.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente