Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios A Veiguiña.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios A Veiguiña, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: promoción das empresas asociadas e mellora dos accesos e instalacións nas que os asociados teñen as súas empresas, o seu adecentamento, etc.

Asinan a acta de constitución Instalaciones Navales y Montajes Industriales, S.L. e sete maís.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de marzo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra