Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 29 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-1128-1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, nº 4) e presentar ante a citada delegación as alegacións que estimen pertinentes.

Nº de expediente: PO-1128-1998.

Denunciado: José Luis López Ferreiro.

Enderezo: Fene 10-3º-A Gándara-Narón-A Coruña.

Precepto infrinxido: 6.14º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: setecentas sesenta e catro mil cincocentas pesetas (764.500 ptas.).

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, de 3 de xuño) as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C nº 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Vigo, 29 de febreiro de 2000.

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo