A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto e por concurso, do seguinte contrato de subministración:
-Impresión da revista O Correo da Unesco.
-Orzamento de licitación: dez millóns oitocentas mil pesetas (10.800.000 ptas.), IVE incluído.
-Prazo de execución: doce meses (12).
-Garantía provisional: duascentas dezaseis mil pesetas (216.000 ptas.).
-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas e as prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.
-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de
proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
-O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2000.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo