Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/47-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Trabanca-Sardiñeira.

Situación: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV, de 0,43 km de lonxitude con conductor tipo R.H.V., desde o apoio nº 14 proxectado da L.M.T. Trabanca-Sardiñeira, rematando no novo C.T. de Sardiñeira, concello de Vilagarcía de Arousa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 23 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra