Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/168-2, 5300 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Polinox Galicia, S.A.

Domicilio social: polígono Sigalsa 2ª fase, 27370 Rábade.

Denominación: L.M.T. aérea, L.M.T. subterránea e C.T. 400 kVA na fábrica de Polinox.

Situación: Outeiro de Rei.

Características técnicas: liña de media tensión mixta aerosubterránea a 20 kV e centro de transformación de 400 kVA parte aérea en conductor LA-56 e apoios metálicos. Parte subterránea en conductor R.H.Z.-1. Orixe: L.M.T. de BEGASA. Fin: nave de Polinox Galicia, S.A. Situación: Outeiro de Rei.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 14 de febreiro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo