Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican laudos arbitrais correspondentes ós expedientes instruídos pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XA 79/1998 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós demandados cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, os laudos arbitrais dictados pola Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, recaídos nos expedientes que se citan no mencionado anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de anulación diante da Audiencia Provincial da Coruña nun prazo máximo de dez días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula e polas causas previstas na Lei 36/1988, do 5 de decembro, de arbitraxe; procederase, se é o caso, á interposición do recurso de revisión nos prazos supostos previstos nos artigos 1796 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados de enderezo descoñecido, ou ben porque intentadas as notificacións no se puideron efectuar, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente

-Demandante

-Demandado

-Último enderezo coñecido

-Feitos demanda

-Data-Contía demanda

Data vista xunta arbitral-Lugar-Resolución

XA 79/1998

Transportes Ochoa, S.A.

-Tornillería y Accesorios de Galicia, S.L.-Rúa Icaro, 46

15172, Perillo-Oleiros (A Coruña)

-Presentación servicios de transporte con falta de pagamento posterior de portes.-Xuño e xullo de 1998.-73.281 ptas.-25 de xaneiro de 2000, 16.30 h.-Dirección Xeral de Transportes. Polígono Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.-Estimada a reclamación.

XA 55/1998

C.I.T. Servipack, S.A.

-María Jesús Brea Fuentes-R/ Merced, 40-1ª

15000 A Coruña

-Presentación servicios de transporte con falta de pagamento posterior de portes.-Maio a outubro de 1997.-112.353 ptas.+xuros legais.-25 de xaneiro de 2000, 17 h.-Dirección Xeral de Transportes. Polígono Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.-Estimada a reclamación.

XA 101/1999

C.I.T. Servipack, S.A.

-La Vajilla Eneriz, S.A.-Pol. Pocomaco, rúa 4, naves 2-3.

15190 A Coruña

-Presentación servicios de transporte con falta de pagamento posterior de portes.-Xaneiro e febreiro 1999.-471.664 ptas.+xuros legais-25 de xaneiro de 2000, 17.15 h.-Dirección Xeral de Transportes. Polígono Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.-Estimada a reclamación.

XA 102/1999

C.I.T. Servipack, S.A.

-La Vajilla Eneriz, S.A.-Pol. Pocomaco, rúa 4, naves 2-3

15190 A Coruña

-Presentación servicios de transporte con falta de pagamento posterior de portes.-Marzo a xullo de 1999.-314.845 ptas.+xuros legais.-25 de xaneiro de 2000, 17.15 h.-Dirección Xeral de Transportes. Polígono Fontiñas, Edif. Área Central, praza Europa 5-2º A, Santiago de Compostela.-Estimada a reclamación.