Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.460

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (320/1999).

Nos autos do xuízo executivo seguidos co número 320/1999 que se seguen neste xulgado dictouse, coa data do tres de febreiro de dous mil, sentencia cun encabezamento e dictame do teor literal seguinte:

«Vistos, por María Fe López Juiz, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número un de Santiago de Compostela, e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo 320/1999 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante a entidade Banco Pastor, S.A. representada polo procurador Regueiro Muñoz e baixo a dirección do letrado García Fernández, e doutra, como demandados, José Bernárdez López, María Dolores Bernárdez López e José Antonio Otero Feás, que figuran declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade,

Resolvo, debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra José Bernárdez López pola cantidad de 1.735.711 ptas.; contra María Dolores Bernárdez López pola cantidade de 638.040 ptas., e contra José Antonio Otero Feás pola cantidade de 1.097.671 ptas., ata facer trance e remate dos bens embargados e co seu importe íntegro pagamento á entidade Banco Pastor, S.A. das expresadas cantidades de principal e os xuros pactados e custas causadas e que se causen, nas cales expresamente condeno os ditos demandados.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación que se interporá por escrito ante este xulgado en término do quinto día.

Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E, para que conste de notificación a José Bernández López, expido este edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o sete de marzo de dous mil.

A secretaria xudicial

Rubricado