Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 15 de marzo de 2000 pola que se declara a alienabilidade da parcela que integra o inmoble correspondente ó Instituto de Ensino Secundario Sofía Casanova, situado na rúa Ramón y Cajal, s/n, no polígono de Esteiro, termo municipal de Ferrol (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación (BOE nº 182, do 31 de xullo), ten a titularidade do inmoble denominado Instituto de Bacharelato Camilo Alonso, na actualidade coñecido como Instituto de Ensino Secundario Sofía Casanova, situado na rúa Ramón y Cajal, s/n, no polígono de Esteiro, termo municipal de Ferrol (A Coruña).

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) solicitou da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a cesión dunha parcela de terreo que forma parte do dito inmoble e estrema coa parcela 28A do polígono de Esteiro, e que resulta necesaria para a urbanización da dita parcela 28A.

Mediante Decreto 64/1999, do 11 de marzo (DOG nº 57, do 24 de marzo), desafectouse do dominio público a antedita parcela, que forma parte do dito inmoble, logo do informe favorable da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co obxecto de posibilita-la cesión da dita parcela requírese a previa declaración de alienabilidade, segundo o disposto nos artigos 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimomio da Comunidade Autónoma de Galicia e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da antedita lei.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dunha parcela de 171,42 m, que integra o inmoble correspondente ó Instituto de Ensino Secundario Sofía Casanova situado na rúa Ramón y Cajal, s/n, no polígono de Esteiro, termo municipal de Ferrol (A Coruña), que se describe como segue:

Parcela de forma triangular, na parte posterior da franxa de edificación futura na Avda. de Esteiro, que estrema ó norte, en liña recta de 47 metros aproximadamente, co resto do terreo ocupado polo Instituto de Ensino Secundario Sofía Casanova; ó sur, en liña recta de 46 metros aproximadamente, coa parcela 28A do polígono de Esteiro (Ferrol); ó leste, en liña recta de 8 metros aproximadamente, coa dita parcela 28A.

A dita parcela segregarase do predio matriz inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol, no tomo 788, libro 165, folio 56, predio número 16.832, inscrición 2ª.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda